Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude da concesión de explotación denominada Casalonga II, 6996, da provincia da Coruña.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación desta resolución, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación da canteira denominada Casalonga nº 6996, situada en terreos do concello de Teo, provincia da Coruña, e solicitado por Camilo Carballal, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da Delegación Provincial de Industria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

10157