Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/148-2, 5046 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Argomoso. Canteiras (Mondoñedo).

Situación: Mondoñedo.

Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV sobre apoios de formigón ou metálicos e conductor LA-56 de 10 metros de lonxitude. Centro de transformación de intemperie 20.000/380-220 V (160 kVA). Rede de baixa tensión aérea a 380/220 V sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 600 metros de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 21 de outubro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

10552