Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso publico e polo trámite de urxencia, para a subministración de 28,5 millóns de unidades de semente de ameixa fina.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de semente de ameixa fina (Tapes decusatta).

b) Nº de unidades que se van entregar: 28,5 millóns de unidades, segundo o estipulado no prego de prescricións técnicas.

c) División por anualidades:

-Anualidade de 1998:

Nº unidades semente: 850.000.

Importe: 1.020.000 ptas.

-Anualidade de 1999:

Nº unidades semente: 27.650.000.

Importe: 33.180.000 ptas.

d) Lugar de entrega: centros de Ribadeo, de Corón e de Couso da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou calquera outro lugar de establecemento da costa galega que designe a consellería.

e) Prazo de entrega: a semente correspondente á anualidade de 1998 entregarase entre o 1 e o 20 de decembro de 1998, a correspondente á anualidade de 1999 entre o 1 de marzo e o 30 de xuño de 1999 e poderá ampliarse en función da evolución do proceso productivo, logo de informe favorable dos técnicos da consellería.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: trámite de urxencia.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 34.200.000 pesetas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: Edf. administrativo de San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 40 44.

e) Telefax: 981 54 50 25.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: aquela na que finalice o prazo de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista.

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: Edf. administrativo de San Caetano, 5-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

9. Gastos de anuncios.

Serán pagados polo adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1998.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

10551