Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de novembro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada na reclamación de responsabilidade patrimonial das administracións públicas interposta por Francisco J. Botana Bello.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos, Cacheiras-Teo (A Coruña), resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial das administracións públicas, interposta por Francisco J. Botana Bello polos danos sufridos nun accidente de circulación ocorrido na estrada cruzamento de Arcos de Furcos,

en Cuntis, como consecuencia de grava miúda na calzada (Exp. 1/98); da que a súa parte dispositiva di:

«Resolvo declarar inadmisible a reclamación de responsabilidade patrimonial das administracións públicas interposta por Francisco J. Botana Bello, polos danos sufridos nun accidente de circulación ocorrido na estrada cruzamento de Arcos de Furcos, en Cuntis (Exp. 1/98).

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, o dous de novembro de mil novecentos noventa e oito.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

10156