Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 21 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-814/1998, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa mencionada a continuación (que non pudo ser notificada no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-814/98, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica o interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a presentación de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, e se é o caso a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-814/1998.

Inculpado: Vasimoto, S.C.

Domicilio: Salvador y Merino, nº 1, A Coruña.

Motivos: deficiente prestación dun servicio e cobramento ilícito.

Data de iniciación: 20-8-1998.

A Coruña, 21 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

10039