Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1998 pola que se somete a información pública o plan de utilización dos espacios portuarios do porto de Bueu.

O ente público Portos de Galicia, en cumprimento do disposto na lexislación vixente en materia portuaria, elaborou o plan de utilización dos espacios portuarios do porto de Bueu.

Este documento sométese a información pública, para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para o que disporán dun prazo dun mes contado a partir da data da publicación deste anuncio.

As devanditas reclamacións poderán presentalas nas oficinas centrais deste ente público, situadas na Praza de Europa, 5A-6º polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas de Portos de Galicia, zona Sur, r/ Benito Corbal, nº 37-3º, en Pontevedra. En ámbalas dous enderezos poderán examina-lo proxecto correspondente.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1998.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia

10038