Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 16 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente Secretaría 149/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación desta resolución, de acordo cos artigos 114 e 117 da devandita Lei 30/1992, dispón dun prazo dun mes para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente: Secretaría 149/1998.

Denunciado: Antonio Guizán Sanjurjo.

Razón social: Dispan.

Último enderezo coñecido: Fontemoura, 71-73, baixo, Ferrol.

Cualificación da sanción: leve.

Importe da sanción: 100.000 ptas.

A Coruña, 16 de outubro de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

10575