De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio de expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón dun prazo de 10 días para presentar alegacións; no caso de non presentalas e conforme o artigo 13.2º do devandito R.D. 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.
Expediente: Secretaría 182/1998.
Denunciado: Gimnastic Center Club.
DNI:
Último enderezo coñecido: Alfredo Vicenti, 37 A Coruña.
Cualificación da infracción: moi grave.
Importe da sanción: podería chegar ata 100.000.000 de ptas.
A Coruña, 16 de outubro de 1998.
Diego Bernal Llorente
Delegado provincial da Coruña
10094