Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 26 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación do expediente sancionador de epizootias LU-299/1998, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a notificación de incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Gonzalo Fernández Rodríguez e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda de la Muralla, 70, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

ANEXO

Expediente: LU-299/1998.

Denunciado: Manuel Rodríguez Martínez.

DNI: 36.050.936.

Último enderezo coñecido: Fameiga Levantada-Mos-Pontevedra.

Feitos imputados: transportar ás 9.40 horas do día 20 de xullo de 1998, no camión matrícula PO-9467-AY, tres animais bovinos desde o mercado gandeiro de Sarria ata Pontevedra, e te-lo carné de tratante-carniceiro nº TR-PO-302/1995 sen referendar.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196 do Regulamento de epizootias e 7 da Orde do 28 de marzo de 1972, de normas sobre a cartilla gandeira.

Precepto sancionador: artigo 213 do regulamento da Lei de epizootias.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 10.000.

Lugo, 26 de outubro de 1998.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

10093