Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 26 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de noticación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-188/1998, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, a resolución do expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións: número 311-152-115/8 Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-188/1998.

Denunciado: Vicente Franco Novoa.

DNI: 76690073.

Último enderezo coñecido: Avda. Fragosa-Vigo-Pontevedra.

Feito denunciado: encontrarse o día 5 de abril de 1998 no mercado gandeiro de Pedrafita do Cebreiro, a efectuar operacións de compra-venda de gando bovino, e te-lo carné de tratante nº TR-PO-270/95, sen o referendo correspondente ó ano 1998.

Tipificación da infracción.

Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196 do Regulamento de epizootias e 7º da Orde do 28 de marzo de 1972, de normas sobre a cartilla gandeira.

Precepto sancionador: artigo 213.

Sanción imposta: 2.500 pesetas.

Lugo, 26 de outubro de 1998.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

10096