Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AG-SA-28/98-PO.

De conformidad co dispoto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución dictada no expediente por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1995.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/93, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado no prazo dun mes contado a partir do dia seguinte ó da notificación poderá interpor recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO

Expediente: AG-SA-28/98-PO.

Denunciado: Manuel Rey Canicouba.

Último enderezo coñecido: Torre Guimarei-A Estrada.

Feito denunciado: falta de limpeza e desinfección do vehículo.

Vehículo: C-4728-K utilizado o día 19-2-1998 no transporte de animais vivos.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 52 e 44 do Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955.

Sanción: 25.000 ptas.

Pontevedra, 9 de outubro de 1998.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

10095