Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda darlle publicidade ó acordo do 25 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación San Amaro, 2520.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra,

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación ó acordo do 25-9-1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de recurso de granito ornamental sobre unha superficie de 124.020 m que comprende as zonas de extracción 1, 5, 6, 8, 9, 10 y 11 e que se definen no proxecto de avaliación de impacto sometido a declaración, correspondente á concesión derivada do permiso de investigación denominada San Amaro nº 2520, sita en terreos do termo municipal de Cangas, provincia de Pontevedra, promovido por Granitos Aldán, S.A.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva á superficie de 124.020 m mencionados e incluídos nas 5 c.m. solicitadas, e o espacio perimetral defíneno os seguintes vértices:

VérticesLonxitudeLatitude

18º49'00"42º18'00"

28º49'00"42º18'20"

38º47'40"42º18'20"

48º47'40"42º18'00"

58º48'00"42º18'00"

68º48'00"42º17'40"

78º48'20"42º17'40"

88º48'20"42º18'00"

e foi incorporada ó expediente do permiso de investigación San Amaro nº 2520, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 3 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

10097