Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 25/1-2, 4477 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidráulica de Loureiro, S.L.

Domicilio social: Cervantes, 24-1º, 33000 Oviedo.

Denominación: L.M.T. interconexión L.M.T. Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e central hidráulica Loureiro.

Situación: A Pobra de Brollón.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con orixe no nú 100 da L.M.T. Monforte de Lemos-Pacios de Veiga e rematará na central hidráulica de Loureiro, cunha lonxitude de 8.125 metros, en conductor UNE LA-110, para interconexión entre L.M.T. de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e central hidráulica de Loureiro, no concello da Pobra de Brollón.

Orzamento: 31.644.511 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 12 de marzo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

10162