Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa dunha planta de coxeración que se cita. (Expediente 97/766 R.C.I. 18666).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da Universidade de Santiago de Com

postela, con enderezo na Casa da Balconada, Rúa Nova 6, Santiago de Compostela (A Coruña), para a autorización administrativa dunha planta de coxeración que se vai instalar no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela, concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

A planta de coxeración constará de:

15 grupos motor-xerador con unha potencia total de 2.172 kWE, alimentados por gas natural, 15 transformadores a 0,380/20 kV cunha potencia total de 500 kVA, caldeiras de recuperación de calor, liñas de distribución e elementos de protección eléctricos.

Todos aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 30 de decembro de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

9887