De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselle á persoa mencionada a continuación (que non puido ser notificada no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente 15-054/1996, por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer, logo de comunicacióin a este servicio, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no
prazo de dous meses a partir do día seguinte a esta notificación.
Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles en calquera entidade financeira, na conta nº 3110001136 de Caixa Galicia (2091) -Oficina de Relación de Organismos (0388)- Santiago de Compostela.
Expediente: 15-054/1996.
Denunciada: María Pilar Vieites Otero.
Domicilio: Xelmírez, nº 19, Santiago de Compostela.
Sanción e motivos: 50.000 ptas. (cincuenta mil pesetas) por cobramento indebido.
Data da resolución: 1 de setembro de 1998.
A Coruña, 21 de outubro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
10057