Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.558

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio do metal.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio do metal (código 2700185), da provincia de Lugo, asinado o día 29 de setembro de 1998, pola representación da Asociación de Comerciantes e Industriales Metalúrgicos de Lugo e pola representación da Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Lugo e das centrais sindicais UGT (24,4%), CC.OO. (33,3%) e USO (13,3%), e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 27 de outubro de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo provincial do comercio do metal

Artigo 1º

O presente convenio ten como obxecto establecer certos criterios particulares, non recollidos na lexislación laboral, para as melloras das relacións laborais das empresas por el afectadas.

Artigo 2º

No seu aspecto territorial, funcional e persoal, o presente convenio colectivo afectará a tódalas empresas e ós cadros de persoal de traballadores a elas pertencentes, situadas na provincia de Lugo que se rexan pola ordenanza de comercio, e figuren encadradas, en canto a súa actividade se refire, no sector do metal. Exceptuaranse aquelas empresas que no día da data teñan aprobado convenio colectivo de empresa ou estean pendentes da súa aprobación.

Artigo 3º

A vixencia do presente convenio colectivo será desde o 1 de xaneiro de 1998, ata o 31 de decembro de 1999, con independencia da súa publicación no BOP.

As partes comprométense, caso de constituírse unha mesa de negociación de ámbito autonómico, a acudir ás citadas negociacións.

Artigo 4º

En todo o que non estea previsto no presente convenio, continúan sendo de aplicación as normas legais de carácter xeral da ordenanza laboral para o comercio, coas súas modificacións posteriores, e os regulamentos de réxime interno da empresa, respecto a aquelas que os teñan vixentes.

Artigo 5º

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense con carácter de mínimas; dentro das condicións pactadas respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas que as aquí dictadas, manténdose os ad personam en canto excedan o cómputo anual.

Artigo 6º

As empresas de ámbito deste convenio terán que ter exposto nos seus centros de traballo un exemplar para debido coñecemento de todo o persoal.

Artigo 7º

Constituirase unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio. O citado órgano, integrado por seis representantes da asociación empresarial asinante e seis das centrais sindicais asi

nantes (3 CC.OO, 2 UGT e 1 USO); cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así como do seu seguimento. Caso de non chegarse a acordo na dita comisión, ámbalas dúas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), AGA e xurisdicción competente.

Artigo 8º

Para 1998, o salario base será o que consta no anexo deste convenio, que supón un incremento dun 3% respecto dos salarios do ano 1997 e aplicarase con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1998.

Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 1999, o incremento salarial será do IPC previsto polo goberno para o ano 1999 máis un 0,8%.

Artigo 9º

Con carácter de complemento salarial, aboaranse dúas gratificacións extraordinarias, a razón, cada unha delas, de 30 días de salario base e premio de antigüidade para o ano 1998, e a razón de 30 días de salario base, plus exantigüidade e plus de compensación para o ano 1999, debendo facerse efectivas o día laborable inmediatamente anterior ó 22 de xullo e 22 de decembro respectivamente. Así mesmo, con idéntico carácter de complemento salarial, aboarase nos tres primeiros meses de cada ano unha paga denominada de beneficios, igualmente a razón de 30 días de salario base máis antigüidade para o ano 1998 e a razón de 30 días de salario base, plus exantigüidade e plus de compensación para o ano 1999.

Artigo 10º

O persoal afectado polo presente convenio gozará dunhas vacacións anuais de 30 días naturais ininterrompidas, salvo acordo contrario das partes. A época do seu goce será preferentemente entre os meses de xuño, xullo, agosto, setembro e outubro. O salario que percibirá durante elas estará determinado polo salario base, antigüidade e sobresoldo de transporte para o ano 1998 e polo salario base, plus exantigüidade, plus de compensación e sobresoldo de transporte para o ano 1999.

O calendario de vacacións anuais deberá de pactarse entre empresa e traballadores antes do 1 de abril de cada ano.

Artigo 11º

Establécese un sobresoldo de transporte mensual para tódalas categorías, consistente en 4.301 pesetas.

Artigo 12º

A xornada laboral para 1998 queda fixada en 1.790 horas anuais de traballo efectivo, distribuíndose de luns a venres, ámbolos dous incluídos. Para o ano 1999, a xornada fíxase en 1.787 horas nos mesmos termos, salvo o disposto nos artigos 13 e 13 bis.

Artigo 13º

A empresa queda facultada para nomear un servicio en sábados, para manter un nivel de asistencia ó público, así como, de se-lo caso, funcións de man

temento en xeral, que en ningún caso será superior ó 50% do cadro de persoal. Ningún traballador estará obrigado a prestar servicios dous sábados seguidos.

Aqueles traballadores que presten servicios os sábados gozarán do descanso equivalente o luns, de forma que gocen dun descanso ininterrompido de 48 horas, salvo que por acordo entre a empresa e traballadores decidan manter ou establecer outro sistema de descanso, incluso aquel que viñesen utilizando na actualidade.

Artigo 13 bis

Os traballadores que realicen a súa xornada en domingo ou festivo terán dereito a un descanso compensatorio de dous días por cada domingo ou festivo traballado, que se disfrutará dentro dos dous meses seguintes, segundo acordo entre a empresa e o traballador.

Artigo 14º

Consolidación do premio de antigüidade e compensacións.

A partir do 31 de decembro de 1998 suprímese, no ámbito de aplicación do presente convenio, o concepto económico de antigüidade (artigo 14 do convenio anterior). Segundo o sinalado, durante o ano 1998, a antigüidade seguirá aplicándose tal e como se prevía no convenio anterior (cuadrienios ó 5%).

Non obstante o anterior, as contías que corresponderían por anos de servicio o 31 de decembro de 1998, manteranse como un complemento ad personam denominado exantigüidade, o cal sufrirá os mesmos incrementos anuais que tivera o resto do convenio, non sendo, polo tanto, compensable nin absorbible con ningún outro incremento.

Segundo o sinalado, para o ano 1999 deberá incluírse un anexo ó convenio no que figure o complemento exantigüidade, que lle corresponda a cada traballador por cada ano de antigüidade na empresa.

Por outra banda, e en compensación ó disposto nos parágrafos anteriores, créase con efectos desde o 1 de xaneiro de 1999, no ámbito de aplicación deste convenio, un plus de compensación, cotizable á Seguridade Social, co obxecto de compensa-la perda que supón a desaparición da antigüidade.

A contía do plus de compensación referido no parágrafo anterior será, para cada ano, no transcurso de 6 anos (desde 1999 ata o ano 2004, ambos inclusive), a contía resultante de aplicar sobre os salarios totais anuais de cada categoría para o ano 1997, unha porcentaxe do 1,3%.

Durante o primeiro ano de aplicación deste complemento, isto é, desde o 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 1999, os traballadores percibirán en concepto de plus de compensación as contías que, calculadas de conformidade co establecido no parágrafo anterior, figuran no anexo II do presente convenio.

Para os anos sucesivos (desde o ano 2000 ata o ano 2004, ambos inclusive), procederase, en cada

ano, a adicionar á contía correspondente do ano anterior a contía resultante de aplicar sobre os salarios totais anuais de cada categoría para o ano 1997 unha porcentaxe do 1,3% (isto é, a contía que para cada categoría figura como plus de compensación na táboa salarial anexa, anexo II).

Artigo 15º

Os traballadores contratados en réxime de xornada ordinaria que vexan modificado tal réxime polo de xornada a quendas rotativas, percibirán un complemento consistente no 20% do salario base do convenio.

Artigo 16º

A todo traballador que cese no traballo por solicitude de pensión de vellez, levando 15 anos de antigüidade na empresa, esta aboaralle como premio o importe dunha mensualidade dos seus salarios, mensualidade que se verá sucesivamente incrementada noutra, por cada 10 anos que excedan dos 15. Igual criterio seguirase cando o traballador sexa declarado afecto de incapacidade permanente, calquera que sexa o seu grao, e sempre que iso determine o seu cesamento na empresa.

Artigo 17º

Para o ano 1998 establécese unha cláusula de revisión para o caso de que o IPC real estatal o 31 de decembro de 1998 rexistrase un incremento superior ó 2,1%. Neste caso efectuarase unha revisión salarial no exceso da indicada cifra, con efectos do 1 de xaneiro de 1998, servindo de base para o incremento do ano 1999.

Para o ano 1999 establécese unha cláusula de revisión para o caso de que o IPC real estatal o 31 de decembro de 1999 rexistrase un incremento superior ó IPC previsto polo goberno. Neste caso efectuarase unha revisión salarial no exceso da indicada cifra, con efecto desde o 1 de xaneiro de 1999, servindo de base para o incremento do ano 2000.

Artigo 18º

Tódolos traballadores terán dereito a que as empresas llos provexan de tres fundas ou peza de roupa similar cada ano, de uso obrigatorio, prohibíndose salvo para o seu lavado, e con permiso da empresa sacar fóra dos seus locais tales pezas de roupa. As asignadas ó persoal técnico e administrativo serán adecuadas ás súas funcións.

No caso de que, por aplicación da normativa en vigor en materia de prevención de riscos laborais, un posto de traballo requirise do emprego de roupa de seguridade, o empresario proporcionaralle tales roupas ó traballador.

Artigo 19º

Avisando coa debida antelación, o traballador terá dereito a permisos retribuídos polas seguintes causas:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio do traballador e tres días naturais por nacemento de fillo.

Neste último caso, cando o traballador necesite facer un desplazamento, o prazo será de catro días.

b) Un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns do traballador. Cando fose fóra da provincia, terase dereito a un día máis.

c) Por falecemento do cónxuxe, fillos ou pais do traballador, 4 días naturais e 5 días se ocorre fóra da provincia.

d) Por falecemento de avós, avós políticos, netos, pais políticos, fillos políticos, irmáns, irmáns políticos, 2 días naturais e 4 se ocorre fóra da provincia. Prevese a mesma licencia para os casos de parellas de feito.

e) Dous días naturais en caso de enfermidade grave do pai, avó, fillos e cónxuxe, declarada polo médico que o asista. Cando, por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días. Prevese a mesma licencia para os casos de parellas de feito.

f) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai, en caso de que ambos traballen.

g) Quen por razóns de garda legal teña ó seu cuidado directo algún menor de 6 anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñen outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario entre polo menos un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

h) As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, logo do aviso ó empresario e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada laboral.

Así mesmo, terán dereito á asistencia a consulta médica de especialista coincidindo o horario de consulta co do traballo, sempre que sexa xustificada e polo tempo necesario.

i) Un día laborable polo cambio de domicilio habitual, debendo ser éste debidamente xustificado.

Estes permisos serán retribuídos a razón do salario base e antigüidade ou, se é o caso, a razón do salario base mailo plus exantigüedade e plus de compensación -na proporción que corresponda.

j) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal, que se retribuirá segundo tódolos conceptos. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia.

En todo caso os traballadores terán dereito ás licencias e permisos previstos no Estatuto dos traballadores hoxe en vigor.

Artigo 20º

Todo traballador con dereito a axudas de custo percibirá 3.500 pesetas diarias por axuda de custo completa e 1.515 pesetas diarias por media axuda de custo, ou ben os gastos para xustificar, a elección da empresa.

No caso de que se produzan modificacións no sistema de abonamento dos gastos de manutención e aloxamento empregado de modo habitual na empresa, deberáselle comunicar ó traballador con antelación.

Artigo 21º

As empresas concederanlles un complemento de xubilación a aqueles traballadores que con dez anos de antigüidade na empresa, como mínimo, se xubilen voluntariamente durante a vixencia do presente convenio. A súa contía irá en función da seguinte escala:

-Por xubilación voluntaria ós 60 anos, 721.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 61 anos, 618.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 62 anos, 515.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 63 anos, 412.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 64 anos, 206.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 65 anos, unha mensualidade de salario máis antigüidade ou, se é o caso, unha mensualidade de salario base máis plus exantigüidade e plus de compensación.

Para a súa percepción terán que solicitarse no prazo de tres meses, desde o cumprimento da idade correspondente.

As mencionadas axudas soamente se lle concederán a aqueles traballadores que non se acollan ós beneficios determinados no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 22º

As empresas subscribirán en favor dos traballadores unha póliza de seguros que cubra, no caso de accidente de traballo, os riscos de morte e invalidez permanente nos graos de total, absoluta, e grande invalidez, nas contías de 2.750.000 e 3.250.000 pesetas, respectivamente.

A obriga de contrata-la póliza na contía que se incrementa con respecto á do convenio anterior, entrará en vigor a partir dos 30 días da publicación deste convenio no BOP.

Non obstante a indemnización que se perciba con cargo ó seguro aquí convido, considerarase como percibida a conta da indemnización que, se é o caso, puideran declarar, con cargo ás empresas, os tribu

nais de xustiza na vía penal, compensándose ata onde aquela non alcance.

Artigo 23º

As empresas crearán un fondo de préstamos para os seus traballadores. Para a súa concesión, así como para a determinación da súa contía, observarase o mutuo acordo da empresa e o traballador. O mencionado préstamo non reportará xuros e a súa devolución deberá efectuarse no tempo que acorden empresa e traballador.

As solicitudes de préstamos traerán como causa a adquisición de vivenda, automóbil, aboamento de gasto de enfermidades, etc.

Artigo 24º.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por 1 representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios do Metal de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector do metal, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha como nos que poidan programar en diante.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación desta, tanto ocupacional como, regulamentada (observatorio ocupacional).

-Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais dos traballadores técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do Mercado Único.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Artigo 25º

A parte empresarial e a parte social acordan manifesta-la súa vontade de camiñar cara á unificación, nun só texto, do articulado dos convenios do siderometal e comercio do metal da provincia de Lugo.

Artigo 26º

As empresas vinculadas ó presente convenio colectivo estarán obrigadas á realización dun recoñecemento médico anual para todo o persoal, a través do Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene ou a través da mutua patronal de accidentes de traballo. As empresas estarán obrigadas a concede-lo tempo necesario para a realización destes

recoñecementos, logo de citación por escrito, no que deberá figura-lo día e a hora.

Artigo 27º

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante da cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación de Empresarios do Metal de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Ámbalas dúas representacións comprométense a manter reunións periódicas, logo de convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación.

As funcións básicas da comisión de seguridade e hixiene terán como obxectivos prioritarios:

1. Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2. Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten contra a integridade física e saúde dos traballadores.

3. Dar a coñece-las normas e procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos competentes.

4. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos coñecementos médicos que se lles realicen ós traballadores deste sector.

5. Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo, no sector, na provincia de Lugo.

Artigo 28º.-Liquidación.

Nos casos de terminación de contrato ou baixa voluntaria do traballador entregaráselle ó traballador copia da liquidación con tres días de antelación ó cesamento.

Artigo 29º.-Cláusula de desvinculación.

As partes asinantes do presente convenio acordan someterse ás seguientes normas en tódolos ámbitos de negociación, cando algunha empresa decida solicitar a inaplicación do incremento salarial pactado no presente convenio.

a) Comunicarlles por escrito as súas pretensións á representación dos traballadores e á comisión paritaria do convenio dentro dos 10 días naturais seguintes á súa publicación no boletín oficial correspondente.

b) No prazo máximo dos 30 días naturais posteriores á comunicación anterior achegaralles ós representantes dos traballadores a documentación acreditativa da petición:

1. Memoria explicativa das causas que motivan a solicitude.

2. Orzamento e conta de resultados dos dous anos anteriores.

3. Orzamento e previsións do ano en curso.

4. Informe relativo á situación dos aspectos financeiros, productivos, comerciais e de cotización á Seguridade Social e Facenda.

c) Á vista da documentación presentada, se no prazo dos 10 días non se acadase acordo, remitirase á comisión paritaria a resolución da discrepancia, así como a documentación sinalada no punto b), a cal no prazo máximo de dez días resolverá a cuestión formulada. Se neste prazo a comisión non resolvese a dita cuestión, procederase conforme o previsto no sistema de arbitraxe AGA I, do 4 de marzo de 1992.

d) Nas empresas nas que non exista representación legal dos traballadores, a empresa comunicaralle a dita petición de devinculación e a documentación acreditativa á comisión paritaria, procedéndose conforme o disposto no parágrafo anterior.

e) Os acordos acadados no ámbito da empresa establecerán, de xeito obrigado, os incrementos obrigados para a vixencia do convenio, así como a forma e tempo para a súa recuperación. Do acordo acadado daráselle conta á comisión paritaria do convenio, co obxecto de ter un seguimento dos problemas do sector e revisar que se cumpran os criterios marcados.

Artigo 30º.-Modalidades de contratación.

1. Contrato para a formación:

Tendo en conta de que o contrato para a formación debe ser fundamentalmente un contrato formativo, non caberá no ámbito de aplicación do presente convenio a formalización dun contrato de traballo para a formación que teña por obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou dun posto de traballo non cualificado.

A formación teórica no contrato para a formación terá unha duración mínima do 15% da xornada laboral diaria, e máxima do 20%, podéndose impartir acumulando semanalmente o tempo destinado a formación. Por acordo coa representación legal dos traballadores ou cos propios traballadores, poderanse establecer períodos de formación ó comezo do contrato, no intermedio e na fase final.

En todo caso, o salario de contratación dos traballadores para a formación será como mínimo igual ó 75% e 90% do salario base da categoría profesional para a que se forma o traballador durante, respectivamente, o primeiro, e o segundo ano de vixencia do contrato. O resto das condicións laborais, tales como pluses, percibirase en proporción ó tempo de traballo efectivo.

Polo feito de non teren os traballadores contratados baixo a modalidade de contrato para a formación dereito a prestacións por desemprego, establécese unha indemnización por finalización de contrato consistente no abonamento de 10 días de salario por ano de servicio na empresa, sempre e cando o traballador non continúe na empresa baixo outra modalidade de contratación.

2. Contrato de traballo en prácticas:

O contrato de traballo en prácticas terá por finalidade facilita-la práctica profesional dos traballadores ou traballadoras para perfecciona-los seus coñecementos e adaptalos ó nivel de estudios cursados.

Establécese unha retribución mínima garantida para os traballadores en prácticas no ámbito de aplicación do presente convenio, nas seguintes contías:

*Titulado superior:

Primeiro ano de contrato: 88.000 pesetas/mes.

Segundo ano de contrato: 103.000 pesetas/mes.

*Titulado grao medio:

Primeiro ano de contrato: 85.000 pesetas/mes.

Segundo ano de contrato: 98.000 pesetas/mes

*Formación profesional:

Primeiro ano de contrato: 83.000 pesetas/mes.

Segundo ano de contrato: 94.000 pesetas/mes.

3. Contrato eventual previsto no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores:

Os contratos previstos no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores vixente poderán ter unha duración máxima de trece meses e medio dentro dun período de dezaoito meses.

4. Conversión de contratos formativos e de duración determinada en indefinidos:

As empresas que teñan contratados traballadores a través de contratos para a formación, ó remate destes, converterán un 30%, como mínimo, destes contratos, en contratos indefinidos de fomento do emprego.

As empresas que teñan contratados traballadores a través de contratos en prácticas, ó remate destes, converterán un 25%, como mínimo, destes contratos, en contratos indefinidos de fomento do emprego.

As empresas que teñan contratados traballadores a través de contratos de duración determinada previstos no número 3 deste artigo, ó remate destes, converterán un 20%, como mínimo, destes contratos, en contratos indefinidos de fomento do emprego.

5. Contrato para o fomento da contratación indefinida:

Entendendo as partes asinantes que a modalidade contractual de contrato para o fomento da contratación indefinida é un instrumento adecuado para a consecución do emprego estable, no ámbito de aplicación deste convenio, poderá concertarse esta modalidade contractual con traballadores empregados na empresa mediante un contrato de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, subscrito unha vez transcorrido un ano desde a entrada en vigor do Real decreto lei 8/1997.

Disposiciones adicionais

Primeira.-As partes asinantes deste convenio consideran o acordo interprofesional galego sobre os procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA) como o canle idóneo para a solución de conflictos colectivos laborais.

Segunda.-Os atrasos por diferencias de salarios consecuencia da entrada en vigor do presente con

venio aboaráselles ós traballadores no prazo de dous meses desde a súa publicación no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Vencida a vixencia do presente convenio, este prorrogarase por períodos anuais, de non ser denunciado por calquera das partes cunha antelación mínima de tres meses ó remate daquela.

ANEXO I

Táboa salarial do convenio comercio metal.

Vixencia: 1-1-1998 ó 31-12-1998.

Categoría profesionalSoldoPlus mensualTotal anual

Grupo I

Titulado grao superior 117.8444.3011.819.272

Titulado grao medio106.0544.3011.642.422

Grupo II

Director125.9394.3011.940.697

Xefe de división115.9924.3011.791.492

Xefe de persoal114.0074.3011.761.717

Xefe de compras114.0074.3011.761.717

Xefe de vendas114.0074.3011.761.717

Encargado xeral114.0074.3011.761.717

Xefe de sucursais106.0064.3011.641.702

Xefe de almacén106.0064.3011.641.702

Xefe de grupo102.0854.3011.582.887

Encargados de establecemento, vendedor, comprador, poxador99.2934.3011.541.007

Viaxante96.9054.3011.505.187

Corredor de praza96.1174.3011.493.367

Dependente94.1324.3011.463.592

Dependente maior103.0794.3011.597.797

Axudante91.2444.3011.420.272

Grupo III

Director125.9394.3011.940.697

Xefe de división115.9924.3011.791.492

Xefe administrativo108.4374.3011.678.167

Analista ordenador94.1324.3011.463.592

Contable96.9024.3011.505.142

Caixeiro96.9024.3011.505.142

Oficial administrativo e operador de máquinas contables94.1324.3011.463.592

Auxiliar administrativo perforista91.2444.3011.420.272

Aspirante de 16 a 18 anosS.M.I.4.30151.612

Auxiliar de caixa92.6794.3011.441.797

Grupo IV

Xefe de sección de servicios102.0794.3011.582.797

Xefe de taller106.0064.3011.641.702

Profesional oficio de 1ª91.2444.3011.420.272

Profesional oficio de 2ª91.2444.3011.420.272

Profesional oficio de 3ª91.2444.3011.420.272

Chofer91.2444.3011.420.272

Capataz91.2444.3011.420.272

Mozo especializado91.2444.3011.420.272

Mozo91.2444.3011.420.272

Categoría profesionalSoldoPlus mensualTotal anual

Grupo V

Cobrador91.2444.3011.420.272

Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro91.2444.3011.420.272

Persoal de limpeza (hora)49307.395

ANEXO II

Plus de compensación

Vixencia desde o 1-1-1999 ó 31-12-1999.

Categoría profesionalPlus

compensación

mes

Plus

compensación

ano

Grupo I

Titulado grao superior1.53122.965

Titulado grao medio1.38220.730

Grupo II

Director1.63324.495

Xefe de división1.50722.605

Xefe de persoal1.48222.230

Xefe de compras1.48222.230

Xefe de vendas1.48222.230

Encargado xeral1.48222.230

Xefe de sucursais1.38120.715

Xefe de almacén1.38120.715

Xefe de grupo1.33219.980

Encargado Establecem., vendedor, comprador, poxador1.29719.455

Viaxante1.26719.005

Corredor de praza1.25718.855

Dependente1.23218.480

Dependente maior1.34420.160

Axudante1.19517.925

Grupo III

Director1.63324.495

Xefe de división1.50722.605

Xefe administrativo1.41221.180

Analista de ordenador1.23218.480

Contable1.26618.990

Caixeiro1.26618.990

Oficial administrativo e Operad. de máquinas Contab.1.23218.480

Auxiliar administrativo perforista1.19517.925

Aspirante de 16 a 18 anos86612.990

Auxiliar de caixa1.21318.195

Grupo IV

Xefe de sección de servicios1.33219.980

Xefe de taller1.38120.715

Profesional oficio de 1ª1.19517.925

Profesional oficio de 2ª1.19517.925

Profesional oficio de 3ª1.19517.925

Chofer1.19517.925

Categoría profesionalPlus

compensación

mes

Plus

compensación

ano

Capataz1.19517.925

Mozo especializado1.19517.925

Mozo1.19517.925

Grupo V

Cobrador1.19517.925

Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro1.19517.925

Persoal de limpeza (hora)610.722

10648