Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.557

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de novembro de 1998 pola que se resolve a convocatoria de bolsas de formación en temas de investigación mariña para técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior.

Por Orde do 1 de xullo de 1998 (DOG do 3 de agosto) convocáronse bolsas de formación en temas de investigación mariña para técnicos especialistas

en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior.

Por resolución da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, do 21 de outubro de 1998, e de conformidade coa base sexta punto 4, fíxose pública a relación provisional de beneficiarios das mencionadas bolsas. No punto segundo da dita resolución fixábase un prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da súa publicación co fin de que os interesados, de se-lo caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado este prazo, estudiadas as reclamacións presentadas pola comisión de selección de bolsas de formación en temas de investigación mariña para técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior, esta consellería, de acordo coa proposta de resolución elaborada pola dita comisión,

DISPÓN:

Artigo 1º

Acórdase concederlles unha bolsa de formación en temas de investigación mariña para técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior ás persoas que a continuación se relacionan:

CentroApelidos e nomeDNI

CEAEspiñeira Piñeiro, Mª Pilar32.672.925-E
CIMABenito Domec, Josune46.895.734-E
CIMARivas Martínez, Ana María35.322.433-E
CIMAPereiro González, Margarita33.275.094-M
CIMAAgra Rodríguez, Rosa76.865.531-Z
CECUMARCampos Coello, Eduardo35.462.231-A

e nomear como suplentes a:

Rama química:

-Gianzo Quintela, Cristina (DNI 33.272.091-S).

-Bazarra Abollo, Diana (DNI 33.293.556-K).

-Godoy Diz, Montserrat (DNI 76.909.560-K).

-Llevot Sánchez, Mª Jesús (DNI 35.301.067-T).

Rama sanitaria. Especialidade de anatomía patolóxica:

-Sánchez Graña, Paula (DNI. 32.830.097-N).

-Martínez Hermida, María (DNI 52.496.583-A).

-López Lema, Cristina (DNI 76.868.547-V).

-Picón Mosquera, Mónica (DNI 44.805.671-S).

Técnico superior en producción acuícola:

-Graña Pereira, María Isabel (DNI 78.739.832-E).

-Arellano Segade, Marta (DNI 35.321.055-R).

-Fernández de Heredia, Joaquín (DNI 35.324.845-L).

-Álvarez Padín, Alicia (DNI 76.817.395-V).

Artigo 2º

Os bolseiros deberán formaliza-la súa adscrición nun prazo de dez días desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; de non facelo perderán a bolsa e procederase a cubri-las vacantes cos suplentes nomeados pola comisión de selección.

Artigo 3º

A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 1 de xullo de 1998 suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Artígo 4º

Esta disposición ponlle fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

10239