Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 20 de novembro de 1998 Páx. 12.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

EDICTO da Alcaldía.

A Comisión de Goberno acordou inicia-los trámites para a contratación das obras que seguidamente se indican, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto con este edicto polo prazo de oito días para reclamacións, e ordenou anunciar concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1. 36500-Lalín. Teléfono 986 78 70 60. Fax 986 78 20 42.

Obxecto: asfaltado de pista desde pista de Pareizo-Goiás ás Lamas de Meixomín-Muimenta.

Orzamento: 7.999.992 ptas.

Duración do contrato: un mes.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 4, categoría D.

Garantía provisional: 2% dos respectivos orzamentos de licitación.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres, e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello dentro do prazo de 26 días naturais contados a partir do día de publicación deste anuncio no DOG en horas das nove ás catorce e na forma establecida no prego de condicións. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello, ás doce trinta horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 11 de novembro de 1998.

Antonio Rodríguez Rodríguez

Alcalde acctal.

10082