Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 20 de novembro de 1998 Páx. 12.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 14-10-1998, acordou aproba-la redacción de oficio dun estudio de detalle que reaxuste a aliñación oficial sinalada para o polígono industrial do Ceao

no PXOU (rúa Benigno Rivera), co obxecto de facela coincidir coa que feito existe con motivo da urbanización feita polo Ministerio de Fomento e que se encontra recuada con respecto a aquela, e a suspensión cautelar de licencias de parcelamento de terreos, edificación e demolición, polo prazo dun ano-ou ata a aprobación definitiva do devandito estudio de detalle, se esta se producise antes-na rúa antes citada, no ámbito comprendido entre a aliñación oficial sinalada no PXOU e as zonas de recuamento (incluídas estas) que resulten da ordenanza de aplicación, medidas desde a aliñación que de feito existe con motivo da urbanización executada polo ministerio. E iso co fin de preserva-la dita zona de posibles edificacións que impedisen o reaxuste que da aliñación se vai efectuar a través do mencionado estudio de detalle e de posibilita-lo outorgamento daquelas licencias que, respectando a dita zona, se soliciten antes da súa aprobación definitiva.

Lugo, 20 de outubro de 1998.

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

10494