Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 20 de novembro de 1998 Páx. 12.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o día 7 de novembro de 1998, prestou aprobación ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o concurso, por procedemento aberto, para a adquisición de sinais verticais para varios camiños rurais e estradas do concello, quedando exposto ó público polo prazo de oito días naturais contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP de Ourense, para efectos de reclamacións.

Ó mesmo tempo, anúnciase concurso, aprazándose a licitación, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Celanova.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de sinais verticais para varios camiños rurais e estradas do concello de Celanova.

b) Número de unidades que se van entregar: figuran na memoria redactada polo arquitecto municipal.

c) Lugar de entrega: Casa do Concello de Celanova, Praza Maior, 1.

d) Prazo de entrega: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación e criterios de selección que se utilizarán para a adxudicación do concurso.

Orzamento base de licitación: 5.756.145 pesetas, IVE incluído.

Criterios de selección para a adxudicación do concurso:

-Maior importe de baixa ofertado: ata 5 puntos.

-Melloras técnicas respecto do proxecto: ata 4 puntos.

-Menor prazo de entrega: ata 1 punto.

5. Garantías.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Celanova.

d) Domicilio: Praza Maior, nº 1.

c) Localidade e código postal: Celanova, 32800.

d) Teléfonos: 988 43 14 81-988 43 14 87.

e) Telefax: 988 45 16 23.

f) Data límite de obtención de documentación e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Os especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP de Ourense ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral do Concello de Celanova, das nove ás catorce horas.

-Domicilio: Praza Maior, 1.

-Localidade e código postal: Celanova, 32800.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: memoria coas variantes ou alternativas que se ofrecen.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Celanova.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Celanova.

d) Data: ás doce horas do día seguinte hábil (agás os sábados) a aquel no que termine o prazo de presentación.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Celanova, 10 de novembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

10466