Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 20 de novembro de 1998 Páx. 12.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a incoación dun expediente sancionador en materia de réxime de v.p.o., E.S. OU-23/1998 devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción do réxime legal de v.p.o., por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a Natalia Saco Rivera, xefa do servicio xurídico-administrativo da delegación provincial e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusadas en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos e informacións estimen convenientes en defensa dos seus intereses e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 20 de outubro de 1998.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº E.S. OU-23/1998.

Presunto responsable: Promotora O Chao, S.L., da que son representantes Juan Manuel Quintas Pérez e Josefa López Fidalgo.

NIF nº B-32-153215.

Último enderezo coñecido: rúa Constitución, nº 6, 32300. O Barco de Valdeorras.

Feitos imputados: neglixencia durante as obras de construcción das vivendas de protección oficial do expediente 32-P-0031/92, que deron lugar a defectos que afectan á edificación.

Precepto sancionador: Art. 153 c).6 do Regulamento de vivendas de protección oficial.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción: 250.000 ptas. de multa e a obriga de face-las reparacións necesarias.

10088