Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 20 de novembro de 1998 Páx. 12.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador en materia de réxime de v.p.o., E.S. OU-06/1998 devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de resolución do procedemento sancionador por infracción do réxime legal de v.p.o., por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Transcorrido o prazo de interposición do recurso

sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción farase efectivo no prazo establecido polo artigo 20 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro) na conta aberta en Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela a nome do Instituto Galego da Vivenda e Solo para o cobramento de multas e sancións (conta nº 3110000897). De non facelo dentro deste prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Ourense, 20 de outubro de 1998.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº E.S. OU-06/1998.

Presunto responsable: Ana María González Cid.

DNI: 34.999.825-N.

Último enderezo coñecido: rúa Pablo Iglesias, nº 10-2ºB.32004 Ourense.

Feitos imputados: non dedica-la vivenda de protección oficial, promoción pública da que é titular a residencia habitual e permanente.

Precepto sancionador: Art. 56 do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción: 500.000 ptas. de multa.

10007