Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 20 de novembro de 1998 Páx. 12.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámitación de urxencia, para a contratación da obra: reparacións varias no grupo de vivendas González Herrero en Maside, provincia de Ourense. (Expediente OU-97/REP08).

Obxecto: execución de obras de reparación de vivendas.

Orzamento: cinco millóns cento vintesete mil duascentas setenta e cinco (5.127.275) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: cento dúas mil cincocentas corenta e cinco (102.545) pesetas.

Garantía definitiva: duascentas cinco mil noventa e unha (205.091) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e á disposición dos interesados, para o seu exame,

durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servivios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do quinto (5) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidese en sábado, a mesa reunirase o luns seguiente á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitados deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación e remisión da oferta mediante telegrama ou fax 981 54 19 02 no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

10005