Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 20 de novembro de 1998 Páx. 12.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia, da subministración consistente na adquisición de diverso material informático con destino ás diferentes unidades administrativas da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de diverso material informático con destino ás diferentes unidades administrativas da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Número de unidades que hai que entregar: as que se especifican no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: 3 lotes.

d) Lugar de entrega: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

e) Prazo de entrega: 15 día naturais contados desde a data de sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento de forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vintenove millóns novecentas cincuenta mil pesetas (29.950.000 ptas.).

Lote 1.-12.000.000.

Lote 2.-13.350.000.

Lote 3.-4.600.000.

5. Garantías.

Provisional:

Lote 1.-240.000

Lote 2.-267.000.

Lote 3.-92.000.

Definitiva:

Lote 1.-480.000.

Lote 2.-534.000.

Lote 3.-184.000.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral, Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 38.

e) Telefax: 981 54 57 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http:www.xunta.es.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 2 de decembro de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 7 de decembro de 1998.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios:

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997,

DOG nº 243, do 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

10451