Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 20 de novembro de 1998 Páx. 12.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 26 de outubro de 1998, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan. (Expediente C-40-IV/76, conta 7 e tres máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigo 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código civil e a cláusula II, III, IV e V do contrato de compavenda, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 26 de outubro de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Antonio Moreira Quián e herdeiros.

Expte.: C-40-IV/76 (desafiuzamento F.P. 10/98).

Conta: 7.

Polígono de Elviña 2ª fase, bloque 13, P-1, 4º Esqda. (A Coruña).

Importe débeda: 1.952.916 ptas.

-José Vázquez Castro e herdeiros.

Expte.: C-40-IV/76 (desafiuzamento F.P. 23/98).

Conta: 86.

Polígono de Elviña 2ª fase, bloque 16, P-1, 8º C (A Coruña).

Importe débeda: 1.971.321 ptas.

-Enríque Martínez Castelo e herdeiros.

Expte.: C-40-IV/76 (desafiuzamento F.P. 24/98).

Conta: 96.

Polígono de Elviña 2ª fase, bloque 16, P-1, 10º A (A Coruña).

Importe débeda: 2.124.537 ptas.

-Nicolás Montes Ramos e herdeiros.

Expte.: C-40-IV/76 (desafiuzamento F.P. 26/98).

Conta: 162.

Polígono de Elviña 2ª fase, bloque 16, P-3, 7º C (A Coruña).

Importe débeda: 2.162.177 ptas.

10455