Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 20 de novembro de 1998 Páx. 12.488

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de outubro de 1998 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Mayeusis.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Mayeusis con domicilio en Pontevedra.

Supostos de feito.

1. A fundación, en escrito do 2 de outubro de 1998, formulou a solicitude de clasificación para

efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vigo, o día 16 de xullo de 1998, ante o notario José María Rueda Pérez co número dous mil oitenta e nove do seu protocolo por Felipe Ángel Estévez Vila, Jaime Estévez Vila, José Antonio Gómez Amorín e Alfredo Comesaña Paz que interveñen no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo sete dos seus estatutos o obxecto da fundación é, entre outros, a realización de toda clase de actividades musicais, sociais, culturais e artísticas tendentes a consegui-lo fomento e o desenvolvemento en tódolos niveis sociais do amor á música, a danza, o teatro e a arte en xeral e en especial á música, a danza, o teatro, a arte e a cultura galegos.

4. O padroado da fundación estará constituído por Felipe Ángel Estévez Vila como presidente, Jaime Estévez Vila como vicepresidente primeiro, José Antonio Gómez Amorín como vicepresidente segundo e Alfredo Comesaña Paz como secretario.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Mayeusis, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola comisión de secretarios xerais na súa reunión do día 26 de outubro de 1998.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia ( Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Mayeusis e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

10330