Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ENTRIMO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 3 de novembro de 1998, acordou con

vocar poxa pública para a venda da madeira que a continuación se indica, procedente de incendios forestais nos montes patrimoniais propios do concello que tamén se expresan:

Monte Regueiro e Penedo Pinto, nº 34 U.P.

Lote único: 1.112 pés de Pinus pinaster, con 277 m de madeira en pé. Prezo base de taxación: 609.400 ptas. Prezo índice: 761.750 ptas.

Monte Cabeza da Vella, nº 32 U.P.

Lote nº1: 18.126 pés de Pinus pinaster, con 1.984 m de madeira en pé. Prezo base de taxación: 2.579.200 ptas. Prezo índice: 3.224.000 ptas.

Lote nº 2: 32.734 pés de Pinus pinaster, con 3.640 m de madeira en pé. Prezo base de taxación: 4.732.000 ptas. Prezo índice: 5.915.000 ptas.

Lote nº 3: 1.898 pés de Pinus pinaster, con 125 m de madeira en pé. Prezo base de taxación: 125.000 ptas. Prezo índice: 156.250 ptas.

Monte Ladeira de Cidrós, nº 321-6002.

Lote nº 1: 8.663 pés de Pinus pinaster, con 961 m de madeira en pé. Prezo base de taxación: 1.057.100 ptas. Prezo índice: 1.321.375 ptas.

Lote nº 2: 3.127 pés de Pinus pinaster, con 343 m de madeira en pé. Prezo base de taxación: 377.300 ptas. Prezo índice: 471.625 ptas.

Monte Reloeira y Lantemil, nº 5-A U.P.

Lote nº 1: 4.584 pés de Pinus pinaster, con 1.274 m de madeira en pé. Prezo base de taxación: 3.822.000 ptas. Prezo índice: 4.777.500 ptas.

Lote nº 2: 1.524 pés de Pinus pinaster, con 444 m de madeira en pé. Prezo base de taxación: 1.332.000 ptas. Prezo índice: 1.665.000 ptas.

Lote nº 3: 27.116 pés de Pinus pinaster, con 2.592 m de madeira en pé. Prezo base de taxación: 3.110.400 ptas. Prezo índice: 3.888.000 ptas.

Lote nº 4: 19.211 pés de Pinus pinaster, con 2.407 m de madeira en pé. Prezo base de taxación: 3.129.100 ptas. Prezo índice: 3.911.375 ptas.

Lote nº 5: 8.395 pés de Pinus pinaster, con 2.031 m de madeira en pé. Prezo base de taxación: 6.499.200 ptas. Prezo índice: 8.124.000 ptas.

O contrato terá unha duración que vai desde a data de notificación da adxudicación definitiva ata a cancelación da fianza.

O importe do remate será ingresado no prazo de vinte días, despois de ser notificada a aprobación definitiva da poxa.

A fianza provisional para intervir na poxa é do 5 por 100 do prezo de taxación e a definitiva do 6 por 100 do prezo de adxudicación.

As proposicións presentaranse en sobre pechado, que pode lacrarse e precintarse dentro do prazo de trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

A apertura de plicas celebrarase na Casa do Concello de Entrimo (Ourense) ás doce horas do día

hábil seguinte ó do prazo sinalado para a súa presentación.

Modelo de proposición.

D./Dª..., maior de idade, profesión..., veciño/a de..., con domicilio en..., con DNI nº..., expedido en... con data do..., que está ó día nas súas obrigas tributarias e fiscais, informado/a das condicións técnicas e administrativas que rexerán na poxa anunciada polo Concello de Entrimo no BOP de Ourense nº..., con data do..., e no DOG nº..., con data do..., ofrece a cantidade de... pesetas polo lote de madeira...

Declara, baixo a súa responsabilidade, non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade para contratar.

Achega documento xustificativo de constituí-la fianza provisional para intervir na poxa.

(Lugar, data e sinatura).

Entrimo, 4 de novembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

9128