Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

EDICTO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria do 25 de setembro de 1998, acordou a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento na zona de Vilaxoán e contorno da zona escolar-institutos, e apertura do trámite da información pública durante un mes a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Foz, 30 de setembro de 1998.

José Mª García Rivera

Alcalde

9997