Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o día cinco de novembro de mil novecentos noventa e oito, acordou aprobar, con carácter inicial, os proxectos de estatutos e bases de actuación da xunta de compensación do Plan parcial de Cordeda-2 (M-8, M-9 e M-10) e somete-los proxectos a información pública durante un prazo de 20 días hábiles, con citación persoal ós interesados, prazo durante o que poderán formularse as alegacións que se consideren oportunas e os propietarios de terreos solicita-la súa incorporación á xunta de compensación, sen prexuízo de que esta solicitude se poida efectuar posteriormente, dentro do prazo dun mes contado desde a notificación do acordo de aprobación definitiva.

Culleredo, 10 de novembro de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

10376