Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación de Asociaciones de Mayores de la Provincia de Pontevedra (Feampo).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación de Asociaciones de Mayores de la Provincia

de Pontevedra (Feampo), que abarca os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: asociación de maiores.

Asinan a acta de constitución: Manuel Rúa Fernández e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 4 de novembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

10323