Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Percebeiros Con Negro.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron despositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Percebeiros Con Negro, que abarca os seguintes ámbitos:

Territorial: ría de Arousa.

Profesional: Asociación de Percebeiros.

Asinan a acta de constitución: Joaquín Lamelas Norat e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 30 de outubro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

10281