Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de avaliación de efectos ambientais e medidas correctoras que se van implantar na planta das Somozas, situada no concello das Somozas (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de avaliación de efectos ambientais e medidas correctoras que se vai implantar na planta das Somozas, situada no concello das Somozas, A Coruña.

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

* Concello das Somozas.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

10320