Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/141-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., San Miguel, O Agrelo.

Situación: Muíños.

Descricións técnicas: 2 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor LA-56. (1ª) de 64 m, con orixe no apoio nº 12 da L.M.T. existente a Porqueirós e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, R/T

20.000/380-220 V do Agrelo (Mugueimes). R.B.T. aérea do C.T. do Agrelo con 2.050 m en conductor R.Z. (2ª) de 86 m, con orixe no apoio nº 34 da L.M.T. existente Conchas-Xinzo e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de San Miguel. R.B.T. aérea do C.T. de San Miguel de 130 m, en conductor R.Z. C.T. en caseta de Mugueimes con 160 kVA, R/T 20.000/380-220 V e R.B.T. con orixe no devandito C.T. de 1.420 m, en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 20 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9921