Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/140-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Outeiro de Amoroce II.

Situación: Celanova.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 125 metros en conductor LA-56, con orixe en apoio de formigón nº 17 da L.M.T. Celanova-Quintela-Leirao e remate no C.T. proxectado de Penedo Ramiro con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V. R.B.T.S. aéreas do C.T. de Penedo Ramiro, do C.T. Casal, do C.T. Granxa Barreiros, do C.T. de Sampil e do C.T. de Outeiro Carballeira Rial con 160 m, 650 m, 868 m, 805 m e 1.262 m respectivamente en conductores R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 20 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9922