Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/139-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32007 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Mesego.

Situación: O Carballiño.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 50 metros de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe na L.M.T.S. proxectada Mesego-Residencia e remate no C.T. proxectado con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Mesego. R.B.T. aérea do C.T. proxect. de Mesego con 2.295 metros, R.B.T. aérea do C.T. existente de Mesego de 110 metros, ámbalas dúas en conductor R.Z. e R.B.T. subterránea do C.T. proxectado de Mesego de 385 metros en conductor R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de outubro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 20 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9916