Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/142-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Vilamaior da Boullosa, S. Antonio.

Situación: Baltar.

Descricións técnicas: 2 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor LA-56. (1ª) de 606 m, con orixe no apoio nº 36 da L.M.T. proxectada Penalonga-Vilamaior da Boullosa e remate no C.T. pé de poste de Vilamaior da Boullosa. (2ª) de 32 m, con orixe no apoio nº 2 da L.M.T. proxectada ó C.T. pé de poste Vilamaior da Boullosa 1 e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V da Boullosa 1. L.M.T. subterránea a 20 kV de 55 metros en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe no apoio nº 6 da L.M.T. aérea proxectada ó C.T. pé de poste de Vilamaior da Boullosa e remate no C.T. pé de poste de Vilamaior da Boullosa. C.T.

prefabricado de Vilamaior da Boullosa con 250 kVA, R/T 20.000/380-220 V. 2 R.B.T. aéreas e unha R.B.T. subterránea no sector.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 20 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9953