Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/327-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. A Igrexa (Bealo).

Situación: Boiro.

Características técnicas: expediente 327/1998. Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240), mm Al, de 330 m de lonxitude, con orixe no C.T. Xardín (expediente 30507) e final no C.T. Igrexa, que se instalará. Centro de transformación, tipo caseta prefabricada, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, denominado Igrexa, do que parte rede de baixa tensión subterránea, en conductor RV de 380 m de lonxitude. Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 19 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

9957