Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/328-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Santa Irene (Rabiña).

Situación: O Pino.

Características técnicas: expediente 328/1998. Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15 kV, sobre apoios de formigón e con condcutor LA-56, de 86 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Santa Irene e final no C.T. Rabiña que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, en Rabiña, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 85 m de lonxitude. O Pino.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 19 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

9955