Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/184-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Graña-Zapateira.

Situación: Curtis.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,399 km con orixe na L.M.T. a C.T. Muradela (expediente 26835) e final no C.T. proxectado Graña-Zapateira, cunha potencia de 100 kVA 15.000/380-220 V tipo intemperie e unha R.B.T. de 0,009 km de lonxitude, con orixe no C.T. Graña-Zapateira, con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 19 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

9954