Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.388

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1998 pola que se convocan cursos en colaboración coa Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1998, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse en colaboración coa Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria os cursos que figuran no anexo, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As solicitudes de admisión ós cursos, segundo o modelo que figura ó final da convocatoria, dirixiranse

á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e serán presentadas no seu rexistro xeral ou en calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección serán os que figuran no anexo, atendendo ás características de cada curso.

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Calquera

inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada do 15% das horas lectivas programadas impostibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada que supere o 15% das horas lectivas programadas, imposibilitará igualmente a expedición do certificado, e dará lugar á baixa do curso con perda de tódolos dereitos.

Santigo de Compostela, 5 de novembro de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

*Curso: Xestión informática en producción e sanidade animal.

1. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos específicos en sanidade e producción animal.

2. Destinatarios.

Profesionais veterinarios que interveñen na execución de programas de sanidade e producción animal da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. Criterios de selección.

Daráselles prioridade ás solicitudes daqueles veterinarios que teñan máis relación cos sistemas de identificación e rexistro de animais e explotacións, tanto na xestión administrativa como na execución dos programas de campo.

A distribución de participantes por localidades farase atendendo o número de solicitudes por localidade e distancia ó posto de traballo.

4. Desenvolvemento.

4.1 Número de edicións: 8.

4.2. Duración de cada curso: 15 horas.

4.3. Datas: novembro e decembro de 1998; a data de comezo e o lugar de realización, notificaráselle persoalmente ós seleccionados.

4.4. Lugares: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.

4.5. Horario: das 17 ás 20 horas.

4.6. Número de prazas: 15 por edición.

5. Contido.

Nocións básicas de informática. Manexo dun procesador de textos, follas de cálculo, etc., rede informática da Xunta de Galicia, Windows NT e aplicacións específicas de sanidade e producción animal.

*Curso: Xestión informática en producción e sanidade animal.

1. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos específicos en sanidade e producción animal.

2. Destinatarios.

Persoal auxiliar que interveña na execución de programas de sanidade e producción animal da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. Criterios de selección.

Daráselles prioridade ás solicitudes daqueles veterinarios que teñan máis relación cos sistemas de identificación e rexistro de animais e explotacións, tanto na xestión administrativa como na execución dos programas de campo.

A distribución de participantes por localidades farase atendendo o número de solicitudes por localidade e distancia ó posto de traballo.

4. Desenvolvemento.

4.1 Número de edicións: 8.

4.2. Duración de cada curso: 15 horas.

4.3. Datas: novembro e decembro de 1998; a data de comezo e o lugar de realización notificaráselles persoalmente ós seleccionados.

4.4. Lugares: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.

4.5. Horario: das 17 ás 20 horas.

4.6. Número de prazas: 15 por edición.

5. Contido.

Nocións básicas de informática. Manexo dun procesador de textos, follas de cálculo, etc., rede informática da Xunta de Galicia, Windows NT e aplicacións específicas de sanidade e producción animal.

*Curso: Epidemioloxía veterinaria.

1. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos específicos en epidemioloxía veterinaria.

2. Destinatarios.

Profesionais veterinarios que interveñen na execución de programas da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. Criterios de selección.

Daráselles prioridade ás solicitudes daqueles veterinarios que participen no desenvolvemento de programas de sanidade e producción animal da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, tanto na xestión administrativa como na execución dos programas de campo.

A distribución de participantes por localidades farase atendendo o número de solicitudes por localidade e distancia ó posto de traballo.

4. Desenvolvemento.

4.1 Número de edicións: 4.

4.2. Duración de cada curso: 15 horas.

4.3. Datas: novembro e decembro de 1998; a data de comezo e o lugar de realización notificaráselles persoalmente ós seleccionados.

4.4. Lugares: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

4.5. Horario: das 17 ás 21 horas.

4.6. Número de prazas: 75 por edición.

5. Contido.

Introducción e conceptos básicos. Enquisas epidemiolóxicas. Nocións sobre o tratamento estatístico das enquisas epidemiolóxicas. Situación actual das enfermidades máis importantes. Avaliación sanitaria dun proceso patolóxico, estudio da orixe, previsión da evolución, medidas que se adoptarán e actuacións preventivas.

*Curso: Controis zootécnicos e sanitarios nos intercambios comerciais dos animais e os seus productos.

1. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos específicos da normativa que regula o movemento de animais e os seus productos.

2. Destinatarios.

Profesionais veterinarios que interveñen na execución de programas da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. Criterios de selección.

Daráselles prioridade ás solicitudes daqueles veterinarios máis relacionados coa emisión de certificacións sanitarias para o movemento pecuario.

A distribución de participantes por localidades farase atendendo o número de solicitudes por localidade e distancia ó posto de traballo.

4. Desenvolvemento.

4.1 Número de edicións: 4.

4.2. Duración de cada curso: 15 horas.

4.3. Datas: novembro e decembro de 1998; a data de comezo e o lugar de realización notificaráselles persoalmente ós seleccionados.

4.4. Lugares: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

4.5. Horario: das 17 ás 21 horas.

4.6. Número de prazas: 75 por edición.

5. Contido.

Requisitos zootécnicos e sanitarios para o movemento dos animais na Comunidade Autónoma de Galicia, en todo o territorio do Estado español, Comunidade Europea e terceiros países. Documentación. Perspectivas de futuro. Outros aspectos e repercusións sanitarias, productivas e comerciais.

9905