De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 2 de decembro de 1997 (BOE do 5 de xaneiro de 1998), para a provisión da praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de farmacoloxía, do departamento de Farmacoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Mª del Pilar Fernández Rodríguez e tendo en conta que a interesada cumpre os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª del Pilar Fernández Rodríguez profesora titular de universidade da área de coñecemento de farmacoloxía, do departamento de Farmacoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1998.
F. Darío Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Compostela
9906