Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.384

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1998 pola que se convoca un curso avanzado de equipos de protección respiratoria e utilización de cordas guía.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1998 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, a formación dos bombeiros é unha das tarefas encomendadas á devandita academia.

Con base no anterior anúnciase a celebración dun curso avanzado de equipos de protección respiratoria e utilización de cordas guía, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Actualización de coñecementos do EPR, procedementos operativos de posta en marcha e seguridade relativa a el e utilización de cordas guía.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos de bombeiros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazas.

O número de prazas ofertadas será de 16.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 2 de decembro, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal e seladas; será este requisito indispensable para ser admitido no curso; o incumprimento deste requisito levará consigo a non admisión ó devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso terá unha duración de 35 horas lectivas e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas:

-Fisioloxía da respiración.

-Toxicidade. Protección das vías respiratorias. Termopatías asociadas ó uso dos EPR.

-Descrición do EPR.

-Descrición da corda guía, utilización.

-Descrición da táboa de control de EPR.

-Orientación, busca, rescate e localización do foco.

Datas.

O curso celebrarase do 14 ó 18 de decembro.

O horario será o seguinte:

Mañá: das 10 ás 13.30 horas.

Tardes: das 15.30 ás 19 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 4 de decembro, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

No centro de formación de Seganosa, sito na parroquia de Alxén, s/n, en Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Certificado de asistencia.

Ó remate dos cursos entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1998.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

10342