Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, da asistencia e consultoría consistente no deseño, maquetación, composición e edición de material informativo e divulgativo sobre os productos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: deseño, maquetación, composición e edición de material informativo e divulgativo sobre os productos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Servicio de Promoción Agroalimentaria.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso publico.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.).

5. Garantías.

a) Provisional: cen mil pesetas (100.000 ptas.).

b) Definitiva: duascentas mil pesetas (200.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación (Subdirección Xeral de Comercialización Agroalimentaria-Servicio de Promoción Agroalimentaria) da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 56.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://xunta.es.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 30 de novembro de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 2 de decembro de 1998.

e) Hora: 13.30 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243,

do 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

10293