Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1998 pola que se revoga a do 3 de novembro pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, do contrato de obras que ten por obxecto a execución do proxecto básico e de execución de restauración da catedral de Tui (Pontevedra).

Esta consellería, por circunstancias sobrevidas no expediente administrativo, resolveu revogar e declarar sen efecto ata próxima licitación a Resolución do 3 de novembro, publicada no DOG nº 216, do

6 de novembro de 1998, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, do contrato de obras que ten por obxecto a execución do proxecto básico e de execución de restauración da catedral de Tui (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243,

do 17 de decembro)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

10203