Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 13 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Val, 4807.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense dá a coñecer que Ramón Rodríguez Álvarez, en representación de Granitos del Val, S.L., con domicilio en Ourense Mugares-Toén, presentou nesta delegación provincial, o 22 de maio de 1997, instancia-solicitude do P.I. Val nº 4807 de 8 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, nos concellos de Coles e Amoeiro e que lle correspondeu o nº 4807 da provincial de Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 17º 51' 20''42º 24' 40''

Vértice 27º 52' 40''42º 24' 40''

Vértice 37º 52' 40''42º 24' 00''

Vértice 47º 51' 20''42º 24' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, agás mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que, calquera que se considere afectado, interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles, nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 13 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

10282