Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 2 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Nogueiras, 4816.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, fai saber que Antonio

Rodríguez Álvarez en representación de Canteras Hermanos Cortiñas, S.L. con domicilio en Mugares-Toén (Ourense) presentou nesta delegación o 8 de abril de 1998 instancia-solicitude do P.I. Nogueiras, 4816, de 12 cuadrículas mineiras para recursos da sección C que se sitúa nos concellos de Baños de Molgas e Paderne de Allariz do que lle corresponden o expediente nº 4816 da provincia de Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 17º 44' 20''42º 16' 00''

Vértice 27º 43' 00''42º 16' 00''

Vértice 37º 43' 00''42º 15' 00''

Vértice 47º 44' 20''42º 15' 00''

A solitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de 15 días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o devandito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 2 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9908