Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorgou o permiso de investigación Granitos Bazar, 2768.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data do 17 de abril de 1998 se outorgou o permiso de investigación Granitos Bazar, 2768, de 15 cuadrículas mineiras para recursos de sección C), granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Pontevedra, Barro e Moraña, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 22 de outubro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

9828