Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas. (Expediente 137/1998).

Outorgada a declaración de utilidade pública da liña eléctrica aerosubterránea a 132 kV, simple circuíto, con orixe na subestación de Vilar do Colo e remate en Forestal del Atlántico, sendo a súa lonxitude de 7.379 m distribuída no primeiro treito subterráneo de 89 m, segundo treito aéreo de 5.980 m e terceiro treito subterráneo de 1.310 m, discorrendo polos termos municipais de Cabanas, Fene e Mugardos (expediente 137/1998), por resolución da Dirección Xeral de Industria, con data do 30 de setembro de 1998, que leva implícita a urxente ocupación de bens e dereitos que se afectan, de conformidade co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Para a comparecencia dos propietarios propostos pola referida entidade beneficiaria ós que se lles practicará notificación individual para o efecto e demais interesados, esta delegación acorda sinala-los días e horas que máis adiante se citan, para a toma de datos sobre os predios contidos nas relacións publicadas no BOP da Coruña con data do 27-4-1998, no xornal La Voz de Galicia do 5-5-1998 e no Diario Oficial de Galicia do 11-5-1998, excluídos os mutuos acordos logrados, e levantar a continuación, nas oficinas das casas consistoriais, as actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, para efectos de imposición de servidumes de paso de enerxía eléctrica segundo dispón o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de instalacións eléctricas.

Días, horas e predios de cada termo municipal:

Concello de Cabanas:

Día 14-12-1998: ás 11 horas predios números 2 ó 17; ás 11.30 horas predios números 18 ó 22; e ás 12 horas predios números 26 ó 32.

Concello de Fene:

Día 15-12-1998: ás 11 horas predios números 2 ó 21; ás 11.30 horas predios números 24 ó 38; e ás 12 horas predios números 44 ó 56.

Día 16-12-1998: ás 11 horas predios números 73 ó 83; ás 11.30 horas predios números 88 ó 99; e ás 12 horas predios números 103 ó 115/1.

Concello de Mugardos:

Día 21-12-1998: ás 11 horas predios números 2 ó 19/1; ás 11.30 horas predios números 21 ó 26/2; e ás 12 horas predios números 27 ó 34.

Día 22-12-1998: ás 11 horas predios números 35 ó 41; ás 11.30 horas predios números 41/1 ó 45/5; e ás 12 horas predios números 46 ó 57.

Día 23-12-1998: ás 11 horas predios números 59 ó 77; ás 11.30 horas predios números 82 ó 84; e ás 12 horas predios números 85 ó 88.

Día 28-12-1998: ás 11 horas predios números 92 ó 99; ás 11.30 horas predios números 100 ó 106; e ás 12 horas predios números 108 ó 113.

Día 29-12-1998: ás 11 horas predios números 120 ó 134; ás 11.30 horas predios números 137 ó 144; e ás 12 horas predios números 147 ó 152.

Día 30-12-1998: ás 11 horas predios números 153 ó 164; ás 11.30 horas predios números 166 ó 172; e ás 12 horas predios números 174 ó 176.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixenicas que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 21 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

9835