Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.363

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de historia e institucións económicas, do departamento de Historia e Institucións Económicas, a Ángel Ignacio Fernández González (praza 1547/1997).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade de 2 de decembro de 1997 (BOE do 5 de xaneiro de 1998), para a provisión da praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de historia e institucións

económicas, do departamento de Historia e Institucións Económicas, da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Ángel Ignacio Fernández González, e tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ángel Ignacio Fernández González, profesor titular de universidade da área de coñecemento de historia e institucións económicas, do departamento de Historia e Institucións Económicas, da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

9910