Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.364

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (16/1997-M).

Eu, Belén Rey Baamonde, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, dou fe e certifico que no xuízo de faltas número 16/1997, seguido ante este xulgado por danos na propiedade sendo denunciante Carmen Fernández Ocampo e denunciado José Antonio Villar Neira nos que recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia número... En Carballo o 20 de outubro de 1998. Vistos por Carolina Montero Trabanco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo estes autos de xuízo de faltas 16/1997 sobre danos na propiedade, no que foron partes o Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, como denunciante Carmen Fernández Ocampo e como denunciado José Antonio Villar Neira; non compareceu ningunha das partes, e de conformidade co disposto no artigo 117 da Constitución, en nome de El Rei, dictou a seguinte resolución: que debo absolver e absolvo a José Antonio Villar Neira dos feitos que deron lugar a este procedemento, con declaración de oficio das custas causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes prevíndoas de que contra ela poderán interpor, ante este xulgado, recurso de apelación no prazo de cinco días mediante escrito motivado. Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento,

definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que se lle sirva de notificación a José Antonio Villar Neira, que se encontra en paradoiro descoñecido, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula en Carballo o vinteún de outubro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

10001